SOBRE NOS

Somos unha asociación de alcohólicos rehabilitados con sede en Monteporreiro en Pontevedra. O obxetivo da asociación é proporcionar apoio psicolóxico as persoas que desexan deixar de beber alcol e tamén os seus familiariares como codependentes de dita enfermidade. Axudarlles a recoñecer a sua situación e a sua relación co alcol, como lles afecta na sua vida cotidiana e nas suas relacións familiares, tamén a nivel social, laboral e judicial…Por outra parte queremos que teñan un coñecemento sobre o que é a enfermidade do alcoholismo, as repercusións que ten sobre o seu organismo e autoestima.
A pesar de que conseguir resultados positivos con todas as persoas que acuden non é posible, a sensación de estar axudando a que algúns logren vivir sin a necesidade do alcol e unha das nosas maiores motivacións. Ver como cambian físicamente, como mellora a sua saude, a sua manera de razonar, de pensar sobre a vida e ver tamén como melloran as suas relacións familiares e sociais.

COÑECE O NOSO EQUIPO

NINA FERREIRO
LICENCIADA EN PSICÓLOGA CLÍNICA

Especializada en tratamento de adiccións, leva máis de 19 años tratando a pacientes con problemas de alcoholismo.
Traballa dende o 2004 na asociación ARPO. A sua labor centrase no acollemento ao enfermo, tratamento, e acompañamento en todo o proceso de de desintóxicación. Axudando a resolver conflictos personais, e a prever recaídas afrontando a vida sen a necesidade de consumo del alcohol.

JULIA PASTOR
TÉCNICO EN SALUD, ARTETERAPEUTA

É técnico en salud (alcohol y drogas), tamén arteterapeuta, integradora social e experta en pedagogía curativa. Imparte os obradorios de Arte Terapía, Relaxación, Técnicas de control de impulsos. O seu obxetivo é axudar as persoas a través do traballo cas cores a autocoñecerse, a traballar nas relacións persoais, traballas os sentimentos e sobre todo expresar as emocións que teñen gardadas e no son capaces en moitos casos de verbalizar.

JOSÉ RAMÓN COUSO
PRESIDENTE DE ARPO

Ademáis das suas labores como presidente e portavoz da Asociación, participa nas terapias e actividades aportando a sua experiencia como alcohólico rehabilitado, ofrecendo a sua experiencia e apoio tanto as familias como a outros enfermos. Tamén é parte fundamental do proxecto que ARPO ten no carcerce de «A Lama» xunto ca arteterapeuta Xulia Pastor.

JOSÉ SUAREZ
ACOMPAÑANTE DE FAMILIAS

É fillo do presidente honorario Manuel Suarez. Actualmente colabora coa sua presencia e apoio as familias na sala dedicada a eles. Cando é o día das familias se une o grupo dando testimonio da sua vivencia como fillo de un alcohólico que foi capaz de conseguir a sua abstención hasta o seu falecemento.

MANUEL SUAREZ
MEMBRO FUNDADOR DA ASOCIACIÓN ARPO E PRESIDENTE HONORARIO.

Manuel Suarez foi un dos primeiros membros e presidente da asociación ARPO casi dende a sua fundación. Como moitos outros enfermos un día comprendeu os problemas familiares que lle estaba a provocar o alcol e tomou a decisión de deixar o alcoholismo. No ano 1992 Manuel Suárez e outros enfermos empezaran a facer reunións no Hospital provincial de Pontevedra baixo a tutela do Dr. Angel Gonzalez Calle. Despois dun tempo seguiron un grupo de enfermos na Cruz Vérmela onde estiveron 14 años.
Ante o peche de esta unidade funda xunto con outros compañeiros a Asociación de Alchólicos Rehabilitados Río Lérez e a Asociación trasladase a un local cedido polo Concello de Pontevedra en Monteporreiro, onde estamos ate o día de hoxe. Manuel Suárez foi ate a sua morte en agosto de 2021 presidente da asociación, nos últimos anos como presidente honorífico. A partir de esta data a Asociación cambiou o seu nome no seu honor a ARPO Manuel Suarez.
Foi presidente, impulsor e alma da asociación, loitando sempre para sacar adiante un espacio onde poder axudar a enfermos e familias.
No ano 2009 foi reconocido co premio Cidade de Pontevedra pola sua labor e dedicación ó frente da da asociación.

Dende os seus inicios ARPO Manuel Suarez ofrece asistencia terapéutica a todas aquelas persoas que desexen abandoar o alcol, mellorar a sua vida e as suas relacións familiares.

Se desexas información ou facer calquer consulta ponte en contacto con nos o través de este formulario de contacto, os teus datos serán tratados con total privacidade.